viernes, 23 de diciembre de 2011

COS MEUS MELLORES DESEXOS.







Hai unha illa loubada
alá no fondal do mar.
Ten bois da color do tempo
e pastoras de cristal.

Ten un río de paxaros
que desemboca en canción.
Paxaros mornos de illa
con os seus niños ao sol.

Ten lúa nova e crecente
e ollos para decir ai lá!
A boca tena pechada
para vendimas de sal.

E ten un cabelo novo,
ai amor! qué pelo ten.
Cheiro profundo de alga

e sabor limpo de mel.

Hai unha illa loubada
alá no fondal do mar.
Navegada de luceiros
na noite nácelle o van.


Álvaro Cunqueiro.


Grazas; Paz Raña.



1 comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...